martes, 14 de febrero de 2012

Ribadeo no cine: O DOCUMENTO

O documento é unha curta dirixida por Enrique Rodríguez Baixeras (Ribadeo, 1953).
Foi rodada en Ribadeo no verán de 1974 e está protagonizada por varios veciños da vila.
A película, en 16mm e en branco e negro, ten unha duración duns 25 minutos e custou 14.000 pesetas.
A curta é a primeira peza dunha triloxía baseada en relatos da obra Á lus do candil (1953), de Ánxel FoleO cadaleito (1976) é a segunda parte desta triloxía que non se chegou a completar.


Baixeras nos créditos de O documento

En 1975, durante as III Xornadas de Cine de Ourense, o Tribunal de Orden Público secuestra a película e Baixeras é detido e interrogado por facer unha película en galego.
O documento compartía cartel con A tola (Miguel Gato), que tamén foi retirada por denunciar a represión política exercida na ditadura.

Posteriormente, recuperouse unha copia de O documento, pero estaba en moi mal estado. O filme conservouse gracias ao copión ou copia positiva coa que se fai a montaxe da película.


Créditos de O documento

O documento englóbanse dentro do grupo ENROBA (acrónimo de Enrique Rodríguez Baixeras), que foi un colectivo cinematográfico dos anos 70 no que se atopaban membros como Miguel Gato ou Xavier Iglesias, ademais do propio Baixeras.

Se queredes ver O documento, só tedes que pinchar neste enlace: http://vimeo.com/27821268  


Fotograma de O documento
Fotograma de O documento

En xullo de 2011, no marco das X Xornadas de Historia Local organizadas pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, O documento proxectouse na Casa do Mar de Ribadeo, coa presenza do propio Baixeras:

14/07/2011 (La Voz de Galicia)

15/07/2011 (El País)

Artigos de prensa relacionados co tema: