jueves, 10 de mayo de 2012

1937: Directores

No ano 1937, os ribadenses tiveron a oportunidade de ver parte da filmografía de Clarence Brown, Louis J. Gasnier e Max Marcin.

LOUIS J. GASNIER (1875 - 1963)

Louis J. Gasnier foi un director de cine francés.
Comezou no mundo do cine na Pathé, dirixindo principalmente curtametraxes do cómico Max Linder.
Posteriormente, trasladouse a Estados Unidos, onde comezou a ser coñecido polo seu traballo na serie Las aventuras de Pauline (1914).
A chegada do cine sonoro supuxo o seu declive como director, polo que quedou relegado a películas de serie B.
Na súa filmografía destaca a peza propagandística Reefer Madness (1936), que trata sobre os efectos negativos do consumo de marihuana. 
Tamén dirixiu Melodía de arrabal (1933), El tango en Broadway (1934) ou Casino del mar (1933), xunto a Max Marcin.


Louis J. Gasnier

MAX MARCIN (1879 - 1948)


Max Marcin foi un guionista polaco, aínda que tamén dirixiu algunhas películas.
O seu traballo como guionista foi moi extenso, chegando a asinar máis de 40 títulos, entre os que se atopan Sombras en la noche (1924), La dama del 13 (1932), Casino del mar (1933), que el mesmo dirixiu xunto a Louis J. Gasnier, e El hombre león (1932), da que tamén foi codirector con H. Bruce Humberstone.
Marcin tamén escribiu algunhas obras para a radio.


CLARENCE BROWN (1890 - 1987)

Clarence Brown foi un director de cine estadounidense.
Aínda que comezou a súa carreira como vendedor de coches, Brown pronto a abandonou para dedicarse á industria cinematográfica.
Debutou no cine da man do cineasta francés Maurice Tourneur, en películas como Inspiración (1931).
Formou parte da Universal e posteriormente foi fichado pola MGM, onde dirixiu a grandes estrelas como Greta Garbo, Katharine Hepburn, Joan Crawford e Clark Gable.
Na súa filmografía atópanse, entre moitos outros, os seguintes títulos: Romance (1930), Anna Karenina (1935), Vinieron las lluvias (1939), Pasión inmortal (1947).


Clark Gable e Clarence Brown

En 1937, os cines da vila tamén presentaron filmes doutros cineastas destacados como Victor Fleming e Benito Perojo.