domingo, 10 de febrero de 2013

21 de agosto de 1949: Inauguración do Colón

O 21 de agosto de 1949, coa proxección da película La barrera invisible, foi inaugurado o cine Colón, propiedade de Manuel de la Barrera.

20/08/1949 (Las Riberas del Eo)
27/08/1949 (Las Riberas del Eo)

La barrera invisible (1947) Elia Kazan

Philip, un escritor viúvo e cun fillo, trasládase a Nova York para realizar unha serie de reportaxes sobre o antisemitismo. Kathy, a fermosa sobriña do editor, préstalle a súa axuda desde o principio e, namorado dela, a Philip só lle falta triunfar no seu novo traballo. 
Para logralo, toma unha difícil decisión: faise pasar por xudeu para coñecer a súa situación de primeira man.