miércoles, 12 de octubre de 2016

Rodaxe de The legend of the blue sea nas Catedrais

Os días 28 e 29 de setembro, rodáronse nas Catedrais escenas da serie coreana The legend of the blue sea, que se estreará o próximo 16 de novembro.

Momento da rodaxe
(Foto: ORT)

The legend of the blue sea é un drama romántico, dirixido por Jin Hyuk, que relata a historia dunha serea que é devolta ao mar por un aristócrata.
A serie está protagonizada por Lee Min Ho e Ju Ji Hyun, dúas grandes estrelas do audiovisual asiático, o que fixo que numerosos medios de comunicación se achegasen ata Ribadeo para seguir de preto a rodaxe.

Lee Min Ho e Ju Ji Hyun
29/09/2016 (La Voz de Galicia)

A praia das Catedrais foi un dos escenarios escollidos para gravar os exteriores da serie, xunto coa illa de Palaos, Barcelona e A Coruña, entre outros lugares. 

Momento da rodaxe nas Catedrais
(Foto: El Progreso)

O equipo técnico e artístico formado por unhas 150 persoas aloxouse en hoteis da zona, utilizou o seu propio material traído desde Corea do Sur e subcontratou á produtora catalá My Way para as rodaxes en España.

(Foto: X.F. Ramallal. La Voz de Galicia)

Para facilitar a rodaxe, o Concello de Ribadeo habilitou unha zona especial para aparcar os tráilers cos equipos e o cátering.

Momento da rodaxe 
Aparcamento habilitado polo Concello para o equipo 

Entre as escenas que se gravaron en Ribadeo, destacou unha persecución polos campos de millo próximos aos cantís, na que os protagonistas contaron con dobres de acción.

Gravación nos cantís
(Foto: El Progreso)