miércoles, 16 de noviembre de 2016

Rodaxe dun filme portugués en Ribadeo

Do 14 ao 19 de xaneiro do próximo ano, unha produtora portuguesa desprazarase ata Ribadeo para rodar algunhas das secuencias da película "Bad investigate".

16/11/2016 (La Voz de Galicia)

"Bad investigate" é un thriller policíaco que trata sobre un narcotraficante que percorre toda a costa portuguesa nun veleiro, mentres que por terra o acompaña un camión coa droga. Véndose obrigado a escapar, o narco busca refuxio en Ribadeo.

Esta semana, membros da Lugo Film Commission e da produtora Lightbox visitaron a nosa vila para realizar traballos de preprodución e visitar algunhas das localizacións da gravación, como a Igrexa de Santa María, a praia das Catedrais e o Club Náutico.

15/11/2016 (www.fundaciontic.org)